martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

Dominio italiano en Ribeira Sacra European Ladies

A xogadora española Piti Martínez Bernal, o xoves durante a proba no Oca Augas Santas. EP
A xogadora española Piti Martínez Bernal, o xoves durante a proba no Oca Augas Santas. EP

A transalpina Lucrezia Calombotto Rosso, primeira líder do torneo feminino Ribeira Sacra European Ladies, celebrado en Augas Santas

A golfista italiana Lucrezia Colombotto Rosso situouse na cabeza da clasificación do torneo Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade European Ladies Open de golf, que se celebra no campo de golf do hotel Oca Augas Santas, en Pantón. A xogadora transalpina terminou a primeira volta ao campo cun -4. De feito, as xogadoras que lograron terminar ao par ou por baixo foron vinte e unha, o que reflicte o alto nivel de competición.

Tras a italiana situáronse na segunda praza da clasificación a sueca Annelie Sjoholm, a española Laura Gómez e a italiana Stefania Avanzo, todas con -3. De cerca ségueas a outra española clasificada en posicións punteiras, no seu caso con -2, Piti Martínez Bernal.

A competición continúa o venres, día de corte. Seguro que se vivirán momentos de tensión e nervios. As trinta xogadoras e empatadas serán as que o sábado loitarán para repartirse o bote de 35.000 euros co que o Ribeira Sacra Patrimonio premia ás mellores da semana.

A organización do torneo pon especial acento no agradecemento aos patrocinadores e colaboradores que confían na Oca Golf Augas Santas e o hotel Balneario Augas Santas para facer posible a realización deste evento deportivo de nivel internacional, como son a Deputación de Lugo, o Concello de Pantón, Grupo Ditram Automoción, Gambito Golf, Parfois, Real Federación Española de Golf, Federación Galega de Golf, Consorcio de Turismo e Ribeira Sacra Denominación de Orixe.

A competición oficial daba o xoves comezo ás 9.30 horas con total normalidade a pesar das altas temperaturas. Grazas ao bo tempo os afeccionados puideron gozar dun gran nivel técnico das aspirantes ao triunfo final no torneo de Augas Santas.

Dominio italiano en Ribeira Sacra European Ladies
Comentarios