miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

A dirección provincial do PP intenta atallar a crise aberta en Monforte

Armesto y Candia. PEPE TEJERO
Candia e Armesto, no Parlamento galego. PEPE FERRÍN

A presidenta e o secretario provincial reuníronse con militantes para estudar que facer a seis meses das eleccións

A presidenta do Partido Popular en Lugo, Elena Candia; e o seu segundo, o secretario provincial, Juan Carlos Armesto, achegáronse na tarde do xoves ata Monforte para intentar atallar a crise que se vive na agrupación local desde o pasado 31 de outubro e que este mércores se desbocou cando o seu candidato á alcaldía monfortina, Roberto Eireos, emitiu un comunicado no que renunciaba a designación tras cualificar de espectáculo circense a situación que se vivía no partido na cidade.

Foi unha reunión na que os reproches entre uns e outros foron constantes, sobre todo entre a dirección provincial e a presidenta local do PP, Julia Rodríguez Barreia. En máis dunha ocasión tivo que intervir como mediador no conflito o senador lucense Dámaso López, hai anos líder dos populares na localidade.

A xunta prolongouse durante algo máis de dúas horas, un encontro no que Julia Rodríguez tomou as rendas para botar por terra a creación dunha xestora (ela é a presidenta local), como propuxeron algúns dos presentes, asunto no que a responsable provincial e o seu segundo non quixeron entrar.

Finalmente, a proposta de Julia Rodríguez, a agrupación local será levada por un órgano executivo no que foron colocadas, segundo as fontes consultadas, persoas afíns a ela.

Pesos pesado do PP na comarca de Lemos cualificaron de "inaudito" o que sucede en Monforte, culpando de todo iso tanto a Elena Candia como a Juan Carlos Armesto por non ser capaces de reconducir a situación antes de que, dixeron, "lles explotasen na cara".

MALA XESTIÓN. As críticas pola mala xestión dos acontecementos realizadas polas fontes consultadas por este diario foron dirixidas principalmente cara ao secretario provincial, Juan Carlos Armesto, quen se postula como candidato á alcaldía do Saviñao en substitución de Joaquín González. Houbo quen non dubidou en sinalar que "o cargo lle queda moi grande".

As mesmas fontes engadiron que o PP "debería pedirlle que asumise responsabilidades pola súa nefasta xestión". Incluso, algunhas voces non dubidaron o falar da súa necesaria dimisión ou cesamento.

A inmensa maioría dos que forman parte de PP monfortino e comarcal comparten a opinión de que todo o ocorrido en menos dun mes pasará unha importante factura electoral.

Algúns chegaron a especular coa obtención duns resultados que deixarían ao grupo con só tres concelleiros, cando en 1995 logrou a maioría absoluta.

Quen lle pon o cascabel ao gato?
Julia Rodríguez foi descartada polo seu partido para encabezar por terceira vez a candidatura á alcaldía de Monforte e Roberto Eireos deu a espantada ao ver, dixo, "o circo" que se estaba montando. Fóra de escena os dous, o PP ten a difícil papeleta de buscar a unha persoa que se preste a ser cabeza de lista nos comicios de maio de 2019 nunha agrupación totalmente rota. 

ESPECULACIÓNS. Todo se reduce a buscar e porlle o cascabel ao gato, unha empresa extremadamente complicada. A partir agora todo serán especulacións. Soará nome tras nome nos círculos pechados do PP e da cidadanía, esta última moi dada a facer apostas.

 

A dirección provincial do PP intenta atallar a crise aberta en...
comentarios