Dezaoito voluntarios retiran lixo do barranco Rego Seco do Courel

Grazas á súa preparación usaron arneses e fixeron rápel para acceder ao fondo do lugar ► Había biondas, pneumáticos, tubaxes e aveños de todo tipo, como un colchón e mobles
Participantes en la acción posan con los residuos retirados. EP
photo_camera Boa parte dos participantes na acción pousan cos residuos retirados. Abaixo, outros dous retiran unha roda e unha tubaxe. EP

Os responsables de geoarque mundial Montañas do Courel iniciaron unha campaña de recollida de lixo en varios puntos de interese do territorio, Este fin de semana actuouse na zona do barranco Rego Seco (entre Campodola e Leixazós), onde 18 voluntarios chegados de diferentes puntos de Galicia, moitos deles especialistas en montañismo, sacaron do fondo da garganta todo tipo de materiais, como pneumáticos, biondas, tubaxes de gran grosor e diferentes aveños domésticos, como un colchón e mobles.

Os voluntarios empregáronse a fondo, pois para acceder ao lixo e logo sacala víronse obrigados a utilizar arneses e facer rápel. Tras a experiencia mostráronse encantados dos resultados, xa que, destacaron, o seu traballo serviu para conservar os lugares de interese xeolóxico do geoparque como é o caso do barranco Rego Seco. Os participantes empregáronse a fondo desde primeiras horas da mañá ata xa ben entrada a tarde, cando todo o material retirado foi cargado en vehículos para o seu traslado aos vertedoiros pertinentes para o seu procesado.

Desde o geoparque Montañas do Courel agradeceron a implicación desinteresada destas persoas, ás que invitaron a unha cata de viños e degustación de produtos locais ao finalizar a actividade, así como a posibilidade de visitar o museo de xeoloxía de Quiroga.

Interese. Os voluntarios interesáronse polos efectos do incendio forestal que arrasou 1.700 hectáreas durante varios días da semana que acaba de finalizar. O xerente de Montañas do Courel, Martín Alemparte, explicoulles que o impacto sobre estruturas xeolóxicas foi mínimo, xa que o pesar de que as rocas foron sometidas a altas temperaturas a cuarcita é moi dura, exposta á erosión noutras condicións climáticas, como a choiva, a neve ou as xeadas.

Se o impacto xeolóxico foi mínimo, o natural, o paisaxístico foi, detacó Martín, "brutal", algo que se pode observar acudindo aos miradoiros da Pena do Ladeiro, con vistas a Rairos, Torbeo e Augasmestas; ás Fontes, no monte da Moá; a Vilariño, miradoiro desde o que se ve todo o val de Quiroga; ou á Pómez, onde se produciu o primeiro incendio hai onte oito días. Desde todos "pódese ver a devastación", declaro o presidente de Montañas do Courel, Roberto Castro

Haberá novas actividades de conservación e mellora do geoparque, que levarán a cabo os días 25 deste mes e 16 de outubro, coa retirada de lixo acumulado nos lugares coñecidos como As Covas de Chao e Espiña, situadas na zona de Romeor, no municipio do Courel.

Comentarios