Dez días para solicitar as instalacións deportivas de Monforte para a vindeira tempada

Os clubs interesados deben presentar a documentación requerida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos polo Concello
Un partido do Lemos no campo da Pinguela contra o Betanzos, a pasada tempada. MIGUEL PIÑEIRO
photo_camera Un partido do Lemos no campo da Pinguela contra o Betanzos, a pasada tempada. MIGUEL PIÑEIRO

O Concello de Monforte abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 2022/2023. Hai dez días para pesentar as peticións. O prazo comeza o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web (www.monfortedelemos.es) do Concello, é dicir, que o derradeiro será o vindeiro 6 de xullo.

Todos os clubs interesados deberán presentar a documentación requerida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.

Poden presentar a solicitude asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2022/2023; clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2022/2023 organizada por algunha das federacións galegas ou españolas; e clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2022/2023.

Comentarios