Un desprendemento en Belesar obriga a cortar a estrada

A calzada veuse abaixo na parte chantadesa do pobo
El desprendimiento en Belesar. M.P.
photo_camera O desprendemento en Belesar. MIGUEL PIÑEIRO

Un desprendemento na LU-P 1804, en Belesar, obrigou a cortar a estrada neste núcleo, no lado do río de Chantada, para evitar riscos para os condutores. 

"Tras valorar os feitos non lugar por parte do enxeñeiro e técnicos da Deputación de Lugo, a estrada quedou cortada ao tráfico ata que se remate a súa reparación", explica o Concello de Chantada, que ofrece varias alternativas de mobilidade para os que teñan que transitar polo lugar. 

"As persoas que cheguen de Chantada non poderán cruzar a ponte. Antes atoparanse coa estrada cortada: un pouco máis abaixo do cemiterio de Belesar", indica o Concello, que engade: "Non se pode cruzar a ponte de Belesar. As persoas que cheguen de O Saviñao poden chegar ata ou final da ponte e continuar polo Camiño de Inverno. Non poden continuar nin en coche nin a pé pola estrada".

Desprendemento en Belesar. M.P.

Comentarios