viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

A Deputación achega 10.500 euros á AMAFER para a ampliación da súa sede

Un momento do acto de inauguración das novas instalacións de AMAFER. CEDIDA
Un momento do acto de inauguración das novas instalacións de AMAFER. CEDIDA
O Presidente participou na inauguración das instalacións, onde puxo en valor o traballo que desenvolve o colectivo dende 1996 "para salvagardar e poñer en valor a memoria ferroviaria da capital da Ribeira Sacra"

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participaron este mércores no acto de inauguración da ampliación da sede que a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), ten na cidade do Cabe, unhas melloras que a entidade acometeu coa colaboración económica da institución provincial por importe 10.556 euros.

O presidente de AMAFER, Fermín Avellaneda, acompañou ás autoridades, entre as que estivo tamén a primeira tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, nun percorrido polas instalacións.

Logo de asinar no libro de honra, Tomé Roca puxo en valor o traballo que desenvolve o colectivo dende 1996 "para salvagardar e poñer en valor a memoria ferroviaria da capital da Ribeira Sacra" e engadiu que "polas vías do tren viaxou sempre o futuro de Monforte e da provincia de Lugo".

Apuntou que "ser amigo do ferrocarril implica orgullo do pasado, confianza no presente e desexo de seguir medrando no futuro" e sinalou que “como Presidente da Deputación de Lugo estou convencido de que seguiremos convertendo esta amizade en colaboración e en capacidade para traballar xuntos pola nosa provincia”. 

A reforma coa que a Deputación de Lugo colaborou consistiu en unirlle ao actual inmoble un conxunto de estancias anexas que lle proporcionarán máis amplitude ao pasar dos 111,70 m² aos 153 m².

Os traballos permiten a esta entidade contar cun espazo máis diáfano e acondicionado para o seu centro de documentación e tamén para actividades como exposicións, conferencias ou concursos literarios que se organizan no local.

No acto tamén estiveron presentes o director xerente da Fundación dos Ferrocarrís de España, José Carlos Domínguez, e o director da Asesoría Xurídica e Vías Verdes, Jesús Benítez. Esta fundación, constituída en 1985 co fin de recuperar, custodiar e difundir o patrimonio ferroviario, cedeu a AMAFER nove cadros de gravados que, tal e como explicaron os seus responsables, "son auténticas xoias con temática ferroviaria, pertencen á colección da fundación e foron cedidas polo coleccionista e propietario das obras, Luis Díaz Guerra".

A Deputación achega 10.500 euros á AMAFER para a ampliación da súa...
comentarios