Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Dan o alta a once dos feridos no accidente de Bóveda

Retirada do autobús. TOÑO PARGA
Retirada do autobús. TOÑO PARGA

Unha fisura na cadeira mantén ingresada no Hula á condutora do autobús sinistrado

Todos os viaxeiros do autobús sinistrado na mañá do pasado domingo no corredor que une Monforte con Lugo foron dados de alta. Segundo puido saber este diario, só a condutora do vehículo segue ingresada debido a unha fisura na cadeira, que a obrigará a manter repouso durante varios días no hospital Virxe dos Ollos Grandes de Lugo.

O accidente custou a vida a Isaac González González, un veciño de Monforte de 36 anos de idade, que invadiu o carril contrario tras perder o control do coche que conducía. Sucedeu á altura do quilómetro 40,800, no termo municipal de Bóveda.

No autobús implicado viaxaban 18 persoas, das cales resultaron feridas doce. A metade delas eran menores de idade. Viaxaban de Chantada, onde asistiran a unha voda, a Sarria, municipio no que se hospedaban.

Moitos dos feridos eran de Cataluña e ao peche desta edición unha boa parte deles xa regresara ás súas casas. Segundo fontes próximas ás vítimas, a súa intención é pasar páxina e esquecer canto antes o funesto suceso. De feito, este luns ningún deles quixo facer declaracións sobre os sucedido.

Catro dos feridos –unha muller de 63 anos, un home e dous menores de 14 e once anos- foron atendidos no hospital comarcal de Monforte. No Lucus Augusti (Hula) de Lugo tratouse a seis persoas (catro adultos e dous nenos), mentres que outro dos feridos foi evacuado en helicóptero a Santiago.

Dan o alta a once dos feridos no accidente de Bóveda
Comentarios