O CV Ribeira Sacra celebrará o seu campus de voleibol entre os días 23 e 27

A actividade está aberta a nenos e nenas a partir de sete anos que queiran probarse neste deporte

O Club Voleibol Ribeira Sacra organizará entre os días 23 e 27 a oitava edición do seu campus. Está aberto a nenos e nenas a partir de sete anos que queiran probarse neste deporte, a quen se lles entregará unha camiseta ao final.

O club monfortino habilitou 60 prazas en grupos burbulla de 15 nenos por adestradora. Á entrada ao pavillón tomarase a temperatura e farase unha constante desinfección de mans e de todo o material compartido, como os balóns.

O campus estará impartido polas adestradoras Yoraxy Meleán, Laida Alvarado, Noelia Dacosta, Maite e a xuvenís María Rodríguez e Raquel Rodríguez.

O custo da inscrición é de 30 euros, aínda que as familias que rexistren máis dun fillo terán un desconto do 50% no segundo.

As inscricións poden formalizarse a través do correo electrónico [email protected] e a web cvribeirasacra.es, ou a través do número de WhatsApp 626.67.24.35.

Comentarios