O CSIC comeza o luns a escavar o castro do Monte Cido, no Courel

Buscan información sobre os poboadores das serras galegas antes da época romana â?? No mesmo lugar xa se atoparon hai varias décadas dúas táboas de bronce e unha figura
undefined
photo_camera Zona na que se sitúa o castro do Monte Cido, entre as parroquias de Moreda e Esperante. EP

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) inicia este próximo luns as escavacións no castro do Monte Cido, situado nunha zona limítrofe entre Moreda e Carbedo, no Courel. Neste mesmo lugar, asegura o investigador Brais Currás, do Instituto de Historia, "hai evidencias" de que se atoparon hai décadas varias pezas da época romana.

En concreto, son dúas táboas de bronce con escrituras que relatan un pacto de axuda mutua entre pobos, así como unha figura dunha aguia, do mesmo material, que empregaban as lexións de Roma para decorar a parte alta dos seus estandartes.

Unha destas táboas de hospitalidade pódese ver no Museo Provincial de Lugo, mentres que a outra está depositada no Museo do Castelo de San Antón, na Coruña. Ademais, existe unha terceira, achada no Bierzo, que podería gardar relación coas anteriores. O museo lucense tamén conserva a aguia de Carbedo.

A pesar de todo o interese que pode xerar a zona, Currás, que dirixirá o proxecto, indica que ata agora "nunca se cavou alí". Polo menos, de forma oficial, aínda que si é certo que se realizaron algunhas expedicións.

A través da escavación que comezará o luns, o CSIC busca "comprender as formas de poblamiento nas serras orientais galegas no período entre a Idade de Ferro ata o inicio da dominación romana", así como "profundar na súa cronoloxía" e "na súa relación coa estrutura do territorio", explicaron.

INICIATIVA. O proxecto xurdiu a proposta das asociacións San Xoán de Seoane e a de desenvolvemento rural Serra do Courel, xunto co Concello e co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A empresa encargada dos traballos será Terra Arqueos, coa codirección do autor dunha recente tese doutoral sobre o asentamento antigo nas montañas do Courel, Luís López González. Nela, destaca o "papel fundamental" que tivo no seu día a minería na zona.

Turismo: Os restos achados son un atractivo 
As táboas e a aguia son pezas que chaman a atención dos moitos turistas que se desprazan ao Courel nesta época do ano, comenta Ana Marta Arza, técnica de turismo do municipio, onde hai unha recreación da táboa.

O Monte Cido, "moi amplo e poboado en diferentes épocas", é de interese tamén para os apaixonados pola Historia, «xa que moitos sitúan neste punto ou Monte Medulio", un enclave cuxa localización está aínda sen determinar e no que se librou o fin das guerras cántabras.

Microrreserva

No Monte Cido pódense ver unha gran variedade de orquídeas, ata trece especies. Isto é o que levou á Asociación Galega de Custodia do Territorio a asinar un acordo hai seis anos cos propietarios dos terreos para constituír unha microrreserva.

Comentarios