A creación dunha área recreativa en Mogoxe, pendente dun acordo entre Xunta e Concello

A alcaldesa sinalou que esta proposta é "unha demanda dos veciños de Folgoso"

Lola Castro. TOÑO PARGA
photo_camera Lola Castro. TOÑO PARGA

Representantes da Xunta e do Concello de Folgoso do Courel reuníronse este sábado para valorar unha posible colaboración de face a crear unha área recreativa en Mogoxe. 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles, mantivo unha conversación coa alcaldesa do municipio lucense, a popular Lola Castro Ochoa. 

Así, destaca a Xunta nun comunicado, a rexedora local explicoulle á conselleira que a definición desta nova zona á beira do río Lor "consistirá en rózaa e limpeza do terreo e nunha limpeza e saneamento do muro de contención próximo á estrada LU-651". 

Ademais, a alcaldesa sinalou que a posible creación desta área recreativa é "unha demanda dos veciños de Folgoso", xa que "este ámbito de esparexemento permitirá definir unha zona apta para o baño e o lecer, fixando ao mesmo tempo atractivos turísticos que ofrecer aos visitantes deste concello". 

Pola súa banda, Ángeles Vázquez lle trasladou á alcaldesa que a Consellería analizará a proposta para "avaliar as posibilidades de colaborar neste proxecto e definir unha vía de colaboración administrativa que permita a materialización desta nova área recreativa en Foloso do Courel". 
 

Comentarios