O Courel solicita a Movistar a mellora urxente da cobertura en Teixeira

O goberno local súmase desta forma ás queixas dos veciños, que levan tempo trasladando de forma reiterada os problemas coa cobertura desde a instalación do novo repetidor
Lola Castro. TOÑO PARGA
photo_camera Lola Castro. TOÑO PARGA

O Concello de Folgoso do Courel solicita con urxencia a Movistar a mellora do servizo de cobertura de telefonía móbil na localidade de Teixeira, situada ao norte do municipio, posto que é deficitaria.

O goberno local súmase desta forma ás queixas dos veciños, que levan tempo trasladando de forma reiterada os problemas coa cobertura desde a instalación do novo repetidor. A rexedora de Folgoso do Courel, Lola Castro, recorda que a infraestrutura foi colocada en terreos de titularidade municipal co apoio da Xunta de Galicia, pero agora correspóndelle á empresa garantir o seu correcto funcionamento.

Desde o Concello aseguran que foron numerosas as chamadas que lle fixeron á empresa de telefonía, quen na última ocasión alegou unha avaría de gran complexidade técnica. Desde o goberno local agradecen toda a axilidade que en Movistar poidan ter para pór fin a este fallo que afecta os veciños tras varias semanas con importantes problemas de cobertura.

O servizo telefónico é moi importante nunha zona de acceso difícil e cunha poboación envellecida.

Comentarios