O Courel recupera as instalacións de abastecemento afectadas polos incendios

Augas de Galicia tamén levará a cabo a reposición e execución das bocas de incendio necesarias para dispor de elementos de apoio na extinción de posibles lumes
Lucha contra las llamas en O Courel. PIRO
photo_camera Lucha contra las llamas en O Courel. PIRO

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, asinou a declaración de urxencia para a execución de obras hidráulicas destinadas a recuperar varias instalacións de abastecemento afectadas polos incendios as pasadas semanas en strong <>O Courel.

Esta intervención da Xunta céntrase na reconstrución das instalacións de abastecemento no municipio de strong <>Folgoso do Courel e comezarán nos próximos días.

As obras contan cunha investimento autonómico de 200.000 euros e cun prazo estimado de execución de dous meses.

En concreto, actuarase na rehabilitación dos sistemas de abastecemento aos núcleos de Folgoso, Mazo de Santigoso, A Campa, Vilar, Vidallón e Vilamor.

Augas de Galicia tamén levará a cabo a reposición e execución das bocas de incendio necesarias para dispor de elementos de apoio na extinción de posibles lumes.

Polo tanto, as obras inclúen a recuperación das captacións afectadas, a instalación de depósitos prefabricados e a reposición de conducións e arquetas, así como a instalación de varias bocas de incendio. 

Comentarios