O Courel queda tres días sen médico en horario de mañá

Unha baixa e vacacións deixan sen facultativos os centros de saúde de Folgoso e Seoane os días 27, 29 e 31
443954794_7929986763713295_4121212271071331576_n
photo_camera Cartel que anuncia que en los próximos días no habrá médico en O Courel. EP

Os centros de saúde da Folgoso e Seoane do Courel terán médico o luns 27, o mércores 29 e o venres 31 en horario de mañá, aínda que haberá un facultativo para atender durante toda a semana as urxencias que se produzan entre as tres e as dez da tarde. A alcaldesa, a popular Lola Castro, indicou que se trata dunha situación sobrevinda, derivada de que un médico está de baixa e o outro colleu vacacións.

Castro sinalou que nada máis coñecer esta situación púxose en contacto coa a xerencia sanitaria de Lugo para comunicarlle que un municipio como O Courel, que destaca polo illamento e a dispersión poboacional, ademais de por vellez dos seus habitantes non podía quedar sen médico días.

A rexedora manifestou que desde a xerencia comunicáronlle que non atopan facultativos para cubrir eses postos e que o caso que sucede no Courel non é único, senón que se reproduce noutros municipios da provincia.

Desde C@urel Vivo, que deu a voz de alarma sobre esta situación, destacaron que se trata de algo "moi grave" para un municipio con apenas servizos.

Comentarios