O Tigre dos Chaos e Yoan Grudikov: entre cordas faise a maxia

O Tigre dos Chaos e Yoan Grudikov foman un dúo musical en Monforte que aposta por temas de distintos estilos e composicións propias
JAVIER VAZQUEZ, EL TIGRE DE OS CHAOS, Y YOAN GRUDIKOV INTEGRANTES DEL DUO MUSICAL ENTRE CUERDAS DE MONFORTE
photo_camera JAVIER VAZQUEZ, EL TIGRE DE OS CHAOS, Y YOAN GRUDIKOV INTEGRANTES DEL DUO MUSICAL ENTRE CUERDAS DE MONFORTE

Entre cordas é o nome dun curioso dúo que o vindeiro venres 24 (22.00 horas) fará a súa primeira actuación no bar Marcelino Sober e xa ten un bo número de datas previstas para o verán. A formación é nova pero os seus integrantes, Javier Vázquez (guitarra) e Yoan Grudikov (violín), son dous artistas de Monforte de perfís moi distintos pero con traxectorias moi dilatadas.

O monfortino Javier Vázquez, máis coñecido como O Tigre dos Chaosl eva moitos anos no mundo da música. Toca guitarra e canta pero a súa gran paixón é a composición. Formou parte da fundación e dos primeiros anos de rodaxe do emblemático grupo Bela Chaos da cidade do Cabe pero unha parte importante da súa carreira musical fíxoa en solitario como cantautor. Unha das pezas máis coñecidas de Vázquez é 'O músico ambulante', cuxo videoclip gravouse en Monforte e recolle lugares insignia da cidade como a estación de ferrocarril ou os bares Cinco Irmáns (xa desaparecido) ou Rabeno. O tema encádrase nun dos estilos musicais no que o seu autor se atopa máis cómodo: a rumba catalá e o legado do seu rei, Peret. Precisamente a composición foi o que puxo en contacto a dous músicos tan diferentes como O Tigre de O Chaos e Yoan Grudikov Este mozo é puro talento musical. Vén de  Bulgaria e a súa familia conta cunha ampla tradición no mundo do canto. Ademais, a súa nai é Antoaneta Evdosieva profesora de canto, acordeón e piano na escola Creativa de Monforte e directora e profesora vinculada varias a corais e formacións na comarca.

A familia de Yoan Grudikov chegou Monforte de Lemos hai case dúas décadas, cando el era aínda moi pequeno, e pronto se abriu camiño no mundo música. Yoan estudou desde os seis anos no conservatorio de Monforte e continuou a súa formación no de Lugo.

Manexa a voz, o violín e o piano e na actualidade é un dos docentes máis apreciados da comarca. Imparte clases no Casino Ateneo e formou parte dalgunhas orquestras e grupos da provincia, aínda que na actualidade está moi centrado na docencia e neste novo proxecto musical denominado Entre cordas

A súa formación é clásica pero abarca moitos estilos. Javier Vázquez refírese ao como "un xenio". "Toca o que faga falta, poslle un tema e fai maxia. é un músico dos pés á cabeza" e Vázquez sente afagado de que Yoan aceptase formar dúo con el. Pola súa banda, Yoan explica que "é moi fácil traballar con Javier. é transparente e moi claro. Non pon problemas".

Pero, volvamos ao momento no que o dúo se coñeceu. Hai un tempo, O Tigre dos Chaos compuxo un tema para Iván José, un novo artista monfortino que creceu en Francia e que faleceu de xeito prematuro. Ese artista tocara con Yoan en numerosas ocasións así que unha cousa levou á outra. Vázquez e Grudikov xuntáronse para perfilar o tema tributo a Iván José e gravalo, algo no que aínda están a traballar. Pero foi a través dese proxecto como se fraguou o dúo Entre cordas. "Empezamos a ensaiar e todo foi só. A verdade é que con Yoan é un luxo ten talento natural e unha buenísima formación así que os ensaios son unha delicia", relata Javier

Para Yoan o dúo é unha forma máis de gozar coa música e de traballar con distintos estilos musicais. A súa formación é clásica pero lle gusta experimentar. Lle  gusta especialmente o blues e jazz e tamén se atreve con temas de pop e rock.  Entre os seus artistas favoritos está o violinista Ara Malikian

O primeiro concerto á vista

O venres 24 poderán gozar da actuación de Entre cordas no bar Marcelino de Sober, pero é a primeira dunha xira na que Javier e Yoan prevén mesturar versións con temas propios e que van de estilos tan diferentes como a rumba ao rock e incluso clásico.

Non faltará por exemplo O Mariachi (Morena do meu corazón) o tema interpretado por Antonio Banderas e Os Lobos como banda sonora da película Desperado.

Comentarios