A muller de orixe romanesa e veciña de Rábade que na tarde do xoves foi atropelada no polígono industrial do Reboredo de Monforte nun suposto axuste de contas entre familias da mesma nacionalidade segue ingresada na Uci do centro lucense Hula en estado crítico.
Diferentes fontes indicaron que unha das catro persoas que participaron no atropelo da muller, así como nas lesións de gravidade que lle causaron á súa parella cunha barra de ferro, o que supuxo unha importante contusión cranioencefálica, entregouse na mañá deste venres ás forzas e corpos de seguridade do Estado.