Conmoción en Monforte polo falecemento do dono da histórica panadería Carude

O seu negocio era unha referencia na cidade desde hai décadas
Manuel Rodríguez López.AEP
photo_camera Manuel Rodríguez López.AEP

Manuel Rodríguez López, propietario da emblemática panadería Carude, faleceu aos 67 anos de idade. A súa morte causou unha gran conmoción en Monforte, onde era moi coñecido e querido polos seus moitos anos á fronte do histórico establecemento.

Os restos de Manuel Rodríguez atópanse na sala velatoria número dous da Funeraria Raúl. Alí arrincarán este luns, ás 16.30 horas, os actos fúnebres coa condución do féretro ata a igrexa dos Escolapios, onde se celebrará o funeral.

As mostras de dor sucedéronse nas últimas horas en Monforte. Moitas chegaron desde o Lemos, club do que era o socio número cinco e ao que seguía con paixón, acompañándoo incluso nos seus desprazamentos.

O seu negocio é toda unha referencia en Monforte. Desde hai décadas, a panadería Carude elabora, por exemplo, as roscas de San Antonio, unha sobremesa típica que non falta en ningunha mesa durante a festividade do 13 de xuño.

Comentarios