Confirmada a condena a 4 anos de cárcere para o home que abusou da filla duns amigos

O acusado aproveitou a ausencia dos pais da menor no domicilio familiar para cometer os abusos

La vista oral por este caso se celebró en la Audiencia Provincial de Lugo. EP
photo_camera Audiencia Provincial de Lugo. EP

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que condenou a catro anos de cárcere a un home por abusar sexualmente da filla menor de idade de strong <>uns amigos, a cal ten diagnosticada “unha discapacidade intelectual e atraso madurativo cifrado nun grao de discapacidade do 41%”.

O acusado, segundo o relato de feitos probados da resolución, aproveitou a ausencia dos pais da menor no domicilio familiar, debido ao nacemento dun irmán da vítima, para cometer os abusos. O TSXG, do mesmo xeito que a Audiencia Provincial, sinala que se aproveitou "da situación de superioridade que tiña fronte á menor, en atención á amizade que tiña coa familia e discapacidade que sufría".

A Sala do Civil e Penal subliña na sentenza que a conduta do condenado "vén acreditada polos propios mensaxes que lle remite á vítima, e que son o detonante para a investigación da causa, e que esta mostra ás súas profesoras e á súa amiga".

Segundo o tribunal, o contido das mensaxes "non ofrece dúbida algunha de que provén do teléfono do acusado e reflicten un inequívoco contido sexual, aludindo a strong<> episodios sexuais desenvolvidos entre ambos cando ela tiña tan só 12 ou 13 anos".

O fallo non é firme, polo que cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.