domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Un condutor encaixa o seu vehículo contra o Hospital de Monforte

O vehículo chocou contra a entrada de Rehabilitación do Hospital de Monforte. EP
O vehículo chocou contra a entrada de Rehabilitación do Hospital de Monforte. EP
Segundo testemuñas presenciais, o home sacou o vehículo do aparcadoiro e estrelouno contra a entrada á área de rehabilitación

Un condutor encaixou o seu vehículo nunha das portas do Hospital Comarcal de Monforte sen causar afortunadamente feridos. O suceso ocorreu ao redor das 12.30 horas deste venres.

O condutor, tendido no chan tras o accidente. EPSegundo testemuñas presenciais, o home sacou o vehículo do aparcadoiro e estrelouno contra a entrada á área de rehabilitación. O condutor foi trasladado consciente a Urxencias.

Ao lugar trasladouse a Policía Local e numeroso persoal do hospital. Os axentes intentarán pescudar se a manobra foi intencionada, como apuntan algunhas testemuñas, ou se sufriu algún tipo de indisposición.

Un condutor encaixa o seu vehículo contra o Hospital de Monforte