O concurso de fotos Os Eidos elixe os gañadores da súa primeira edición

Case 6.000 persoas votaron a través das redes sociais polas mellores fotografías entre as 24 que se presentaron ao certame organizado para darlles imaxe aos poemas de Uxío Novoneyra

A Fundación Uxío Novoneyra deu a coñecer o fallo da primeira edición do concurso de fotografía dos Eidos. Trátase dun certame que busca interpretar libremente con imaxes tres poemas do autor nado no Courel.

Foto de Daniel Irimia

DANIEL IRIMIAA través das redes sociais emitíronse 5.942 votos para elixir as mellores instantáneas entre as 24 que se presentaron. Logo un xurado formado por Federico García Cabezón (quen pon nome ao concurso polo seu traballo fotográfico no Courel e a amizade con Novoneyra e a fundación), Branca Novoneyra e Miguel Anxo Lar seleccionou as fotografías gañadoras.

O primeiro premio foi para Daniel Irimia. Lévase polo seu traballo unha cámara réflex Canon EOS 4000D, un libro e unha máscara personalizada.

Foto de Ángel González

O segundo premio. ÁNGEL GONZÁLEZ

A Ángel González correspóndelle o segundo premio, consistente nun libro, unha máscara personalizada e unha cesta de produtos locais. Jacobo Martins completou o podio. O terceiro premio é un libro e unha máscara personalizada.

Foto de Jacobo Martin

Terceiro premio. JACOBO MARTINSHabía unha cuarta categoría reservada a persoas residentes no Courel. O vencedor neste caso resultou Arturo Sánchez (abaixo), que gaña un lote libros, o disco Uxía-Uxío e unha máscara personalizada.

Dende a fundación anunciaron a celebración dunha entrega de premios e unha mostra especial coas fotos gañadoras na que tamén haberá una escolma especial das obras participantes.

ARTURO SÁNCHEZA primeira edición deste particular certame baseouse nos versos "E INDA é nova a terra!", "SERRA aberta/inmensa antiga erencia!" e "VAISE vaise/o camiño d"aire do aire polo aire/ camiñando por un sitio aonde nunca foi nadie...".

Comentarios