martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

O concurso de fotos sobre o Camiño de Inverno gañouno un veciño de Valdeorras

Os premiados pousan coas súas fotos xunto a membros da directiva do colectivo organizador. EP.
Os premiados pousan coas súas fotos xunto a membros da directiva do colectivo organizador. EP.
O colectivo monfortino Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra valorou o certame como forma de divulgar esta ruta de peregrinación

Un veciño da veciña comarca ourensá de Valdeorras, Luís Prada, foi gañador da terceira edición do concurso de fotografía convocado pola asociación Camiños a Santigo pola Ribeira Sacra de Monforte como modo de impulsar o Camiño de Inverno de peregrinación a Santiago. Dáse a coincidencia de que en terceiro lugar quedou outro residente da mesma zona, Juan Otero. O primeiro presentou unha instantánea das Medulas e o segundo dunha ponte medieval que atravesa o camiño.

O monfortino Antonio Cortiñas quedou en segunda posición. O colectivo tamén galardoou cun accésit a unha veciña de Salamanca, María Teresa Hernández, que fixo o pasado ano a ruta e retratou o santuario do Faro, en Chantada. Na entrega do recoñecemento pediu á asociación Camiños a Santigo pola Ribeira Sacra que coloque sinais para que os peregrinos "non perdan a oportunidade de visitar un espazo de espiritualidade como é este santuario".

O colectivo, que defendeu desde fai tres case tres décadas a existencia deste camiño, agora recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia, utilizará as imaxes gañadoras para cartelería e folletos divulgadores.

ACONDICIONAMENTO. A Xunta licitou por 1,7 millóns de euros un plan para mellorar, sinalizar e acondicionar o Camiño de Inverno ao seu paso por 14 concellos das comarcas de Valdeorras, Ribeira Sacra e O Deza.

O obxectivo desta actuación é unificar as indicacións que guían aos peregrinos da ruta cara a Santiago, así como arranxar aqueles tramos que se atopen en mal estado.

O concurso de fotos sobre o Camiño de Inverno gañouno un veciño de...
comentarios