O Concello de Sober entra a formar parte do programa de Xantar na Casa

A Xunta cubrirá un 50% dos gastos do servizo, o Concello subvencionará o 25% e o resto correrá a cargo dos beneficiarios
Xantar na casa
photo_camera Repartición de Xantar na Casa. ARQUIVO

O Concello de Sober asinará un convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para integrarse no programa Xantar na Casa, que ofrece un servizo de comida a domicilio para persoas maiores ou en risco de exclusión e dependentes.

Tal e como explicou o alcalde, Luis Fernández Guitián, os gastos do servizo sufragaraos a Xunta nun 50%, mentres que o Concello subvencionará o 25% e o restante correrá a cargo dos beneficiarios do programa. Guitián sinalou que esta iniciativa "é uns dous compromisos que figuraban non programa electoral ao que lle imos dar cumprimento".

Xantar na Casa ten como obxectivo prestar apoio no domicilio ás persoas que o necesiten e demanden, mediante prestacións alimentarias e de seguimento persoal para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos usuarios. O programa pretende que os beneficiarios manteñan a súa independencia de forma que poidan permanecer nos seus fogares o maior tempo posible.

REQUISITOS. Poderán formar parte do programa persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade persoal e carezan dunha rede de apoio, así como dependentes que necesiten axuda para a preparación das comidas. Tamén poderán inscribirse menores de 60 anos que se atopen en risco de exclusión social.

Comentarios