domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

O Concello monfortino fíxase a meta de arranxar 435 casas na zona vella

Vista aérea de Monforte. AEP
Vista aérea de Monforte. AEP
O alcalde, José Tomé, cre necesario un período de 16 anos para intervir en todas elas

O plan especial de protección do centro histórico de Monforte entrou en vigor e o expediente foi remitido ao rexistro de pranteamento da Dirección Xeral de Urbanismo. O alcalde, José Tomé, sinalou desde que se iniciou a súa tramitación no ano 2015 que sería o instrumento perfecto para pór en valor centos de casas. De feito o equipo de goberno asumiu o reto que se marca neste documento, consistente en chegar a arranxar un total de 435 de vivendas na contorna de protección.

No plan especial recóllese que será necesario un período de 16 anos para repor para o seu uso 281 vivendas e mellorar outras 154 ocupadas. Así mesmo, contémplanse accións en baixos de edificacións da zona vella monfortina para darlle un uso comercial, acción que se cre sería un revulsivo para certas rúas.

PERDA. O conxunto histórico sofre desde hai anos unha alarmante perda de veciños, sendo especialmente grave en dous das rúas das máis antigas da cidade, como son Abeledos e Ramberde, onde a maioría das casas atópanse deshabitadas e teñen colgado un cartel de véndese. 

En concreto, segundo o estudo realizado polos redactores do plan especial, nestas dúas rúas houbo unha diminución de veciños do 35% en tan só quince anos. é a máis elevada dos espazos analizados.

A zona vella conta cun total de 1.704 casas. Delas, 700 son unifamiliares e o milleiro restante ten dúas ou máis vivendas.

Todas comparten dous problemas. Un é o seu mal estado de conservación e, outro, que están desocupadas, polo que se teme que a súa deterioración vaia en aumento ao non recibir atención por parte dos seus propietarios.

DERRUBES. O seu colapso estrutural, na maioría dos casos, apuntan os redactores do plan especial, está próximo.

Calquera que pasee polo centro da cidade atopará decenas de edificacións semiderruidas, con fachadas con grandes cortinas para impedir desprendementos e valadas pola Policía Local para previr accidentes.

Resposta ás 100 alegacións
Desde o goberno monfortino deuse a coñecer este mércores o inicio da resposta ás persoas que realizaron as 100 alegacións ao plan especial de protección do conxunto histórico. Foron notificados individualmente a 2.389 interesados, atendéronse presencialmente consultas sobre 258 inmobles e recibíronse 100 alegacións, sobre os que se emitiron informes técnicos que propuxeron a aceptación total ou parcial de 48 e a desestimación doutras 52.

Informes
O documento contou cos informes favorables de decenas de organismos, como a Axencia Galega de Infraestruturas, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Consellería de Facenda, a Secretaría Xeral de Patrimonio, a Deputación Provincial de Lugo, a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, o Ministerio de Facenda ou a Subdelegación do Goberno en Lugo, entre moitos outros.

O Concello monfortino fíxase a meta de arranxar 435 casas na zona...
comentarios