sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Monforte solicita unha nova intervención da UME para a desinfección

Traballos de desinfección da UME en Monforte en marzo. CONCELLO
Traballos de desinfección da UME en Monforte en marzo. CONCELLO

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, púxose en contacto coa Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez, para solicitar unha nova intervención da UME en aras de volver a desinfectar o hospital e residencias de maiores.

O rexedor fíxollo chegar á subdelegada a través dunha petición formal, despois de que o 30 de marzo se confirmase o segundo caso positivo de coronavirus na residencia Geriatros. Este feito "incrementou a preocupación pola evolución que poida darse nos próximos días", explica Tomé nun comunicado.

Por este motivo, desde o Concello solicitaron que os efectivos da UME se volvan desprazar ata a localidade e así se asegure a desinfección das "zonas da cidade que supoñen un potencial perigo" para as persoas de risco, como os maiores.

En concreto, Tomé apuntou a realizar estes labores no Hospital Comarcal de Monforte, a casa consistorial, residencia Geriatros, asilo Fogar San José, residencia da Xunta no Malecón e Asimédica.

O obxectivo do alcalde é "manter os lugares de máis presencia de persoas, o máis asépticos posible", recalca nun comunicado remitido aos medios este xoves. Ademais, o Concello segue desinfectando a vía pública.

Monforte solicita unha nova intervención da UME para a desinfección
comentarios