Os recursos turísticos de Monforte contarán con nova sinalización

Os indicadores renovados dirixirán aos visitantes cara a puntos como o Museo do Ferrocarril ou o miradoiro do Duque

escolapios
photo_camera O colexio do Cardeal é un dos puntos turísticos máis importantes de Monforte. EP

Monforte terá novos indicadores para os seus principais recursos turísticos tras finalizar un proxecto no que colaboran o Concello e a Xunta de Galicia. Os novos sinais levarán aos visitantes ata puntos como o Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga), o miradoiro do Duque, a pinacoteca dos Escolapios ou o museo de arte sacro das Clarisas.

A nova sinalización estará en diferentes localizacións da cidade e adaptarase ás novas normativas. Os elementos paisaxísticos indicaranse en cor marrón, os museos en púrpura e os servizos como a oficina de turismo ou a estación de tren en amarelo.

As obras arrincarán a próxima semana. Está previsto que o proxecto termine de executarse a finais do presente mes.

Comentarios