O Concello de Monforte reabre ao público as pistas de atletismo Saleta Fernández

A instalación estaba pechada debido á primeira fase da renovación do céspede do campo de fútbol
Las pistas de atletismo Saleta Fernández. EP
photo_camera Las pistas de atletismo Saleta Fernández. EP

As pistas de atletismo Saleta Fernández, no campo municipal da Pinguela, quedan abertas desde este luns, segundo informou o Concello de Monforte. A instalación permanecía pechada ao público debido á primeira fase da renovación do céspede natural do terreo de xogo dedicado ao fútbol.

O alcalde, José Tomé, explicou que para levar a cabo a actuación, que conta cun orzamento de 48.309,25 euros, foi necesario o emprego de maquinaria pesada. Agora, a empresa adxudicataria (Calfensa) deberá controlar a evolución do céspede e aplicar os tratamentos e abonos necesarios ata quedar listo para acoller partidos.

Comentarios