O Concello de Monforte reabre as instalacións do pavillón da Pinguela

O recinto levaba pechado desde o 13 de marzo
TEAR4351
photo_camera Adestramento do Korbis na Pinguela. ARQUIVO

O pavillón municipal da Pinguela volve estar aberto. O Concello de Monforte informou de que os clubs e entidades deportivas federadas que tiñan concedido o uso das instalacións durante a tempada 2019-2020 poderán retomar as súas actividades ata o día 30.

O recinto pechouse o pasado 13 de marzo debido á situación derivada da crise sanitaria producida por el Covid-19. A demanda dalgunhas institucións motivou á administración municipal para reabrir o pavillón.

Os deportistas integrados en clubs de ligas non profesionais federadas poden realizar adestramentos con tarefas individuais de carácter físico e técnico, así como sesións tácticas en grupos de ata un máximo de 20 persoas. Haberá que manter a distancia de seguridade e evitar o contacto físico.

As tarefas deben realizarse por quendas sempre que sexa posible, evitando superar o 50% da capacidade para deportistas da Pinguela. Os vestiarios non están abertos, pero se habilitaron dous aseos. Os usuarios deben acudir con roupa deportiva e cambiados de casa e os medios non teñen permitido asistir.

O persoal técnico redúcese aos adestradores e os deportistas non poden compartir material. Ademais establecéronse circulacións interiores para evitar aglomeracións ao entrar e saír do pavillón.

Comentarios