jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

O Concello de Monforte habilita un horario especial do bus urbano para ir ao cemiterio o domingo

As viaxes terán unha frecuencia de media hora e comezarán ás 10.25 na parroquia de Ribasaltas. A última saída será desde o cemiterio ás 17.00 horas

O Concello de Monforte anunciou que os veciños poderán utilizar o autobús urbano este domingo para desprazarse ata o cemiterio municipal con motivo do Día de Todos os Santos. Será un horario especial, cunha frecuencia de paso de media hora e con acceso totalmente gratuíto.

Pola mañá, a primeira saída producirase ás 10.25 horas desde a parroquia de Ribasaltas. A última será ás 13.00, co cemiterio como punto de partida. Xa pola tarde, o servizo retómase ás 15.25 horas, cando arrincará o autobús desde Ribasaltas. Ás 17.00, sairá a última viaxe desde o cemiterio.

As frecuencias son as seguintes:

  • 10:25 h.- saída de Ribasaltas ; 10.55 h.- chegada ao cemiterio; 11:00 h.- saída do cemiterio
  • 11:25 h.- saída de Ribasaltas ; 11.55 h.- chegada ao cemiterio; 12:00 h.- saída do cemiterio.
  • 12:25 h.- saída de Ribasaltas ; 12.55 h.- chegada ao cemiterio; 13:00 h.- saída do cemiterio
  • 15:25 h.- saída de Ribasaltas ; 15.55 h.- chegada ao cemiterio; 16:00 h.- saída do cemiterio
  • 16:25 h.- saída de Ribasaltas ; 16.55 h.- chegada ao cemiterio; 17:00 h.- saída do cemiterio

O equipo de goberno comunicou igualmente o establecemento do mesmo protocolo anticontaxios no cemiterio de Piñeira, que estará aberto de 9.00 a 14.00 horas, e no resto de cemiterios parroquiais. 

O Concello de Monforte habilita un horario especial do bus urbano...
comentarios