O Concello de Monforte abre o luns a inscrición para os cursos de verán do conservatorio

Hai ata o 12 de agosto para solicitar praza por un prezo de 25 euros e coa posibilidade de elixir ata dúas materias
Un concierto del conservatorio al aire libre en verano de 2017. AEP
photo_camera Un concierto del conservatorio al aire libre en verano de 2017. AEP

O Ayumtamiento de Monforte abrirá o vindeiro luns, día 27, o período de matrícula para os cursos de verán de música e danza que se organizan no conservatorio. Hai ata o 12 de agosto para solicitar praza. O prezo único por persoa é 25 euros e inclúe a posibilidade de elixir ata dúas materias.

A inscrición debe realizarse no portelo da oficina do rexistro de Monforte polas mañás, achegando a solicitude (que pode descargarse na sede electrónica do Concello, no catálogo de trámites e na modalidade 'Conservatorio municipal de música', ou recollerse na mesma portelo) debidamente cuberta e reservando no momento da inscrición a praza concreta co seu horario específico.

As materias de instrumento estarán dirixidas a alumnos e alumnas a partir de seis anos e constará de talleres de práctica instrumental en especialidades como guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita e percusión moderna ou tradicional galega.

Para inscribirse será indispensable que o alumno ou alumna achegue o seu propio instrumento persoal, excepto no caso do piano ou a percusión. En piano é preciso levar auriculares, así como un xogo de pinturas os asistentes de ata sete anos.

Polo que respecta á danza, estará dirixida tanto a nenos e nenas como a mozas en xeral. Faranse diferentes talleres por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.

Comentarios