Finaliza con éxito a quinta edición do 17° Ribeira Sacra Festival

Esta nova edición do festival levou a cultura segura por bandeira, con aforamentos reducidos pero cun público asistente que se deixou atrapar pola contorna
Actuación no 17° Ribeira Sacra Festival. CEDIDA
photo_camera Actuación non 17° Ribeira Sacra Festival. CEDIDA

A contorna local é o segredo do 17° Ribeira Sacra Festival. Unha cita na que, a pesar das distancias requiridas polas coidadas medidas de seguridade sanitarias necesarias, o público volveuse sentir. Volveuse a conectar coa música, co viño, coa gastronomía; todo enmarcado nunha terra candidata a Patrimonio da Humanidade.

Unha experiencia que puideron gozar aqueles que lograron facerse cun dos abonos necesarios —esgotados desde o pasado mes de xaneiro— para deleitarse cos sons de The Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, dani, Sofía Comas, Auto Sacramental, Ale e Rapariga dj.

Tres días nos que, grazas ao patrocinio de Cervexas Alhambra, os asistentes puideron gozar da proposta gastronómica da Chef con Estrela Michelin Lucía Freitas. Os asistentes degustaron produtos próximos e de calidade mentres descubrían o perfecto equilibrio entre cociña moderna e tradicional. Patacas “rabudas”, hamburguesa de Galo Celta, bonito de Burela, cereixas e tomate…

A oferta gastronómica do festival completouse ademais con dous Showcooking Cervexas Alhambra da man de chefs galegos de referencia como Carlos J. González e Juan Crujeiras. Todo maridado cos espectaculares viños da rexión, que puideron gozarse en diversas catas enmarcadas dentro do festival.

Con todo iso, e cunha axenda de actividades complementarias irrechazable, a quinta edición de 17º Ribeira Sacra reforza notoriamente a imaxe do territorio. Ademais da aposta habitual do festival polo modelo sostible de economía circular, que impacta notablemente na contorna local —nos aspectos económico, social, e ambiental—, a organización implementou un protocolo de seguridade impecable. Un equipo de máis dun cento de profesionais velaron polo cumprimento de todas as medidas, e o público respondeu cun comportamento exemplar.

Con traballo, a cultura é segura. E así quedou demostrado por segundo ano consecutivo. 

Comentarios