O comité español da Unesco selecciona a candidatura da Ribeira Sacra a Reserva da Biosfera

A Xunta confía en que se obteña a declaración en 2021
undefined
photo_camera Ribeira Sacra. ARQUIVO

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou este mércores nunha visita ao municipio de Chantada que o comité español da Unesco deu "luz verde" á "candidatura da Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel" a Reserva da Biosfera.

Segundo explicou a conselleira, das cinco candidaturas que foron presentadas "a nivel nacional", o comité español da Unesco só seleccionou a galega, que agora terá que superar un último chanzo en 2021.

"É unha moi boa noticia", dixo Vázquez, quen tamén confía en que 2021 sexa "un bo ano" e esa candidatura consiga a declaración definitiva.

Ademais, Vázquez destacou que a decisión do comité español, en base ao informe presentado en decembro de 2019, foi por "unanimidade de todos os seus membros". A decisión estivo avalada polo "informe exhaustivo e rigoroso do comité científico".

Comentarios