Comezan a cubrir con palla o terreo que ardeu no incendio de Ribas de Sil

O lume arrasou máis de 1.700 hectáreas na zona
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Traballos na zona. EFE

Os traballos de 'mulching', aplicación de palla en terreos queimados por incendios, arrincaron este mércores na zona afectada polo lume forestal que arrasou máis de 1.700 hectáreas no municipio lugués de Ribas de Sil

Estas tarefas levan a cabo nas áreas máis danadas polo lume para evitar arrastres de cinza coas choivas, segundo explica nun comunicado a Xunta, administración encargada dos traballos. 

A técnica do mulching permite crear unha cuberta protectora do chan a través de materiais como a palla de cereais (trigo, cebada ou centeo). Pode aplicarse cun helicóptero (helimulching) nas zonas de máis pendente e de forma manual (mulching) nos puntos accesibles a pé. 

Estas técnicas de 'mulching' aplicaranse nas zonas máis danadas, que son entre o 5% e o 10% da superficie total afectada, segundo os datos da Consellería de Medio Rural. 

Os técnicos do CIF de Lourizán observan un dano baixo na maior parte do terreo. Tamén constatan a falta de afección ás canles dos ríos Sil e Lor, xa que non conectan coas zonas arrasadas ao existir barreiras naturais que evitan o arrastre de cinzas ás canles fluviais. 

Comentarios