viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

A Ribeira Sacra usa a arte contra os feísmos

El mural de Pantón, que decora una fachada del edificio sociocultural. CONSORCIO
O mural de Pantón, que decora unha fachada do edificio sociocultural. CONSORCIO
O consorcio de turismo finaliza sete murais feitos en fachadas, paredes de ladrillo ou muros de varios municipios da Ribeira Sacra

O consorcio de turismo da Ribeira Sacra lanzouse de forma decidida a contrarrestar os tristes e numerosos feísmos que poden verse pola comarca. Para iso, nunha acción enmarcada no Pacto pola Paisaxe, decoraron puntos clave de diversos municipios con xigantescos murais que ilustran lendas, historias, tradicións ou costumes propios de cada lugar.

Hai un total de sete, á espera de que finalice un oitavo cuxa execución está en marcha en Quiroga. Precisamente, este concello parece empeñado en converterse nunha gran galería de arte urbano ao aire libre, pois ten deseñado un percorrido por elaboracións realizadas polo centro urbano.

Unha delas é Xoias da Ribeira Sacra II-Pebida de Ouro, que honra na fachada traseira do auditorio as olivas e o aceite como produto típico. Este mural foi elaborado polo artista Mon Devane, quen tamén actuou na veciña Ribas de Sil.

A creación en San Clodio. CONSORCIONa capitalidade, San Clodio, hai outra obra da súa autoría. Se en Quiroga o protagonismo é para as olivas, en Ribas de Sil a grande estrela é a cereixa. Xoias da Ribeira Sacra I-Pedras Vermellas decora a fachada lateral dun edificio, cedido pola súa comunidade de veciños para a iniciativa, situado na área de lecer fluvial.

NATUREZA. É toda unha fonte de inspiración para os artistas urbanos encargados dos murais. Os elementos naturais son frecuentes á hora de ocultar os feísmos na Ribeira Sacra.

Así ocorre en Carballedo, que loce o seu mural Labirinto/Minifundio. Unha enorme folla de carballo (árbore autóctona por excelencia moi presente na toponimia local) decora unha fachada situada nos accesos á Barrela, a capitalidade do concello.

Sobre estas liñas, o mural de Pantón, que decora unha fachada do edificio sociocultural. á dereita, as creacións en San Clodio (arriba), Carballedo (centro) e Sober.

En Pantón e Sober, as chiscadelas son a flores e plantas. En ambos os casos traballou Doa Ocampo, quen utilizou como gran lenzo o edificio sociocultural pantonés. A praza onde se levanta, en Ferreira, é máis bonita tras a creación de Reforestando Calystegia sepium, Herba dos ringorrangos.

undefinedPola súa banda, Sober loce mural nun muro de contención dunha das rúas máis importantes do núcleo de poboación principal. O mural, en consonancia co do veciño Pantón, foi bautizado como Reforestando Verónica pérsica, Verónica dos prados.

LUGO E OURENSE. A actuación contra os feísmos do consorcio realizouse en localidades de ambas as provincias. A de Lugo completa a súa colección en Portomarín con Lendas do Camiño, nun muro de contención.

Á súa vez, o municipio ourensán de Montederramo presume de A caracocha. O mural embelece un garaxe construído con ladrillo.

A Ribeira Sacra usa a arte contra os feísmos
comentarios