O colexio do Cardenal restaura o pozo do claustro

Unhas imaxes permitiron ver o seu aspecto a comezos do século XX
Apariencia actual del pozo. EP
photo_camera Aparencia actual do pozo. EP

Tres fotos de principios do século XX ou finais do XIX servirán para que a Fundación Colegio Nuestra Señora de la Antigua poida devolver ao pozo do claustro maior do colexio do Cardenal o aspecto que tiña na época na que se tomaron as imaxes. A actuación consistirá na instalación do arco de ferro forxado do que colgaba a polea que permitía subir o caldeiro con auga.

O arco estaba ancorado nos dous alicerces de pedra que ten o pozo e nalgún momento desapareceu, de modo que o pozo quedou "desangelado e con aparencia de incompleto", explica Javier Agudo, xerente da fundación.

Precisamente, a fase na que se atopa agora o proxecto consiste en analizar a sujeción do arco e estudar como ancoralo á pedra do mesmo xeito que na data das tres fotografías, que custodia aFundación Colegio Nuestra Señora de la Antigua e que ao amplialas "puidemos ver o aspecto do pozo na época", explica Augado. A previsión é que estes traballos estean listos no prazo dun mes.

Do deseño e posterior instalación do arco encargarase a empresa Forxa Chago. Esta mesma compañía xa se ocupou da recente restauración das reixas da capela das reliquias, do século XVII, uns traballos que posibilitaron "recuperar a fortaleza da reixa", así como pór de novo en funcionamento a antiga fechadura, "que levaba máis dun século sen funcionar", e crear novas chaves, de medio quilo de ferro.

Actualmente, o pozo atópase en desuso, pero se mantén como elemento decorativo. "Deixou de usarse hai bastantes anos e desde entón temos a auga da traída da cidade", di o xerente da fundación.

O pozo está situado no centro do claustro maior do colexio do Cardeal, un edificio que cada día é visitado por un elevado número de persoas. Javier Agudo sinala que "este verán está a haber bastante xente", polo que recoñece que están "contentos".

Comentarios