Coidados para a saúde mental

Mente, que abriu as súas portas en Chantada, ofrece apoio profesional nas áreas de psicoloxía e pneurosicoloxía clínicas
Andrea Taboada e Miriam Vázquez, ás portas da clínica. EP
photo_camera Andrea Taboada e Miriam Vázquez, ás portas da clínica. EP

A Clínica de Psicoloxía Mente abriu as súas portas hai pouco máis dun mes na vila de Chantada. Á fronte deste servizo están Andrea Taboada, psicóloga clínica, e Miriam Vázquez Suárez, neuropsicóloga.

En Mente, nenos (dende os primeiros meses de vida), adultos, parellas, familias e terceira idade poden atopar apoio profesional nas áreas da psicoloxía e da neuropsicoloxía clínicas. Por exemplo, Mente conta con servizos de atención temperá e atención nas dificultades da aprendizaxe. Tamén aborda casos de deterioro cognitivo, alzheimer e demencias.

A maiores, no outono, entrará en funcionamento un departamento de psicotécnico, con médico e psicólogo.

A idea, explica Miriam Vázquez, "é darlle ás persoas de calquera idade un servizo integral e global sin que teñan que desprazarse a unha cidade, algo que ocorría ata o de agora". Engaden as profesionais de Mente que levan un mes de traballo directo e que a acollida por parte dos veciños é moi boa.

A idea desta clínica partiu de Andrea Taboada. Esta profesional levaba tres anos traballando de xeito itinerante en Monforte, Chantada e Lalín. Nese tempo coñeceu distintos xeitos de traballo, clínicas con enfoques diferentes. Esa experiencia ensinoulle a deseñar na súa cabeza o modelo de clínica que lle gustaría ter, os servizos que quería prestar. Foi entón cando contactou con Miriam Váquez, tamén de Chantada, pero que estaba traballando en Vigo. "Antes de que me contara toda a súa idea polo miúdo xa dixen que si porque eu tamén vía necesario achegar os nosos servizos ao rural e esta era unha oportunidade de voltar á casa", lembra Miriam.

En febreiro abordaron o proxecto en conxunto e o pasado mes de xuño empezaron a rodar.

As dúas profesionais insisten na importancia de coidar a saúde mental, de pedir axuda profesional e sinalan que a covid incrementou moitos síndromes e doenzas.

DATOS DE INTERESE
Enderezo: Rúa Xoán XXIII, 34 baixo. Chantada.
Teléfono: 684.21.92.82.
Facebook e Instagram: @clinicadepsicoloxiamente
Mail: [email protected]

Comentarios