lunes. 26.10.2020 |
El tiempo
lunes. 26.10.2020
El tiempo

Un chantadés de 45 anos falece de forma repentina cando xogaba cos seus fillos

O helicóptero do 061, en Chantada. <sent>HelicoSantiago
O helicóptero do 061, en Chantada. HelicoSantiago
Durante unha hora practicáronlle manobras de reanimación sen éxito

Un veciño de Chantada de 45 anos de idade perdeu a vida na tarde deste domingo ao sufrir unha parada cardiorrespiratoria mentres xogaba ao fútbol cos seus dous fillos na parte traseira do pavillón municipal da vila. O home esborrallouse repentinamente, sendo os seus fillos os que deron a voz de alarma.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061 e un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) do ambulatorio da vila da Asma. Durante preto dunha hora practicáronlle manobras de reanimación ao chantadés de 45 anos que sufriu o infarto, pero resultaron inútiles.

Tamén foi mobilizado un helicóptero do 061 no caso de que se recuperasen as constantes vitais do home para o seu trasladalo a un centro hospitalario de referencia, pero ao constatarse o seu falecemento abortouse a operación.

Un chantadés de 45 anos falece de forma repentina cando xogaba cos...