Chantada reabre a súa pista de pádel

Un hombre jugando al pádel.EP
photo_camera .EP

O Concello de Chantada anuncia a apertura da pista de pádel municipal despois da reapertura das canchas de tenis.

O goberno local advirte que para o uso e disfrute das instalacións é preciso reservar con antelación facer o pago antes de acceder as mesmas, así como levar un calzado deportivo adecuado e seguir un protocolo de seguridade para a prevención do Covid-19.

Os horarios da pista son, de luns a venres, de 9.00 a 14.00, polas mañás, e de 18.00 a 22.30, polas tardes; mentres que os sábados e domingos as instalacións estarán abertas de 10.30 a 13.30.

As reservas deben facerse por vía telefónica en horario de mañá. Pola semana está disponible o 982881980, mentres que os fins de semana débese de contactar co 607961584.
 

Comentarios