Chantada, sen casos de Covid-19

Desde o centro de saúde celebran a noticia, pero piden cautela para evitar rebrotes que xa se están producindo noutros puntos de España e de Galicia

Covid-19
photo_camera Unha pipeta con Covid-19, nun laboratorio. AEP

O centro de saúde de Chantada confirmou que no municipio non hai actualmente casos de Covid-19. Os últimos pacientes que había han dado negativo nas pertinentes probas e os profesionais do ambulatorio non teñen constancia neste momento de que na súa área de influencia queden persoas afectadas por nbsp;a&enfermidade.

Os responsables do centro celebran a noticia e respiran un pouco máis aliviados logo de semanas de moita tensión. Iso si, piden á veciños cautela e extremar as medidas de protección para evitar rebrotes. Recordan que noutras partes de España e de Galicia, como Ribeira e A Pobra do Caramiñal, están a producirse xa novos casos e subliñan o importante risco que leva o fin do estado de alarma e a posible chegada de visitantes.

En Chantada, segundo as fontes consultadas, o centro de saúde chegou a atender ao redor de 25 casos de Covid-19. Algúns deles necesitaron ingreso hospitalario e un veciño do municipio faleceu a causa do coronavirus en marzo.

Comentarios