Chantada abre as súas piscinas climatizadas e o ximnasio

As instalacións municipais estarán operativas dende este xoves
Piscinas municipales de Chantada. AEP
photo_camera Piscinas municipais de Chantada. AEP

O Concello de Chantada anunciou este mércores a apertura das súas piscinas climatizadas e o ximnasio, que funcionarán de forma regular dende o xoves, 1 de outubro.

Segundo informou o goberno local chantadino, ambas as instalacións municipais estarán rexidas por un firme protocolo anticovid, que terá normas específicas para as clases dirixidas, o vaso das piscinas, os vestiarios, as duchas ou a pista de pádel.

Ademais, a sauna permanecerá pechada e os cursos de natación quedarán suspendidos ata novo aviso.

AVISO ‼️ Este xoves, 1 de outubro, abren as piscinas climatizadas e o ximnasio. Nestas imaxes compartimos o protocolo...

Publicada por Concello de Chantada en Miércoles, 30 de septiembre de 2020

Comentarios