Preto de 20 persoas participan no curso de enoturismo da Apehl e a Deputación

As xornadas desenvólvense no Centro do Viño de Monforte e finalizarán os días 1 e 2 de decembro

undefined
photo_camera A deputada provincial Pilar García Porto participou na inauguración do curso de enoturismo. EP

Preto de 20 persoas participan no Centro do Viño de Monforte no curso de enoturismo promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e a Deputación. O Instituto Galego do Viño é o encargado de impartir a materia.

Os participantes recibirán formación sobre diversos aspectos da viticultura, o que lles permitirá capacitarse na elaboración de cartas de viños, maridaxe, servizo e xestión de sala, traballo en adegas ou en xestión do negocio. O curso complétase con catas de viños galegos e nacionais de distintas denominacións de orixe.

A deputada provincial de turismo, Pilar García Porto, inaugurou as sesións acompañada do presidente da Apehl, Cheché Real; a tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas. O curso continúa o mércores, así como os días 24 e 25 deste mes e o 1 e o 2 de decembro, cando se clausurarán as xornadas.

Comentarios