sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

O centro de saúde confirma tres casos de Covid-19 en Chantada

O centro de saúde de Chantada. ARQUIVO
O centro de saúde de Chantada. ARQUIVO

As tres persoas afectadas están asintomáticas e unhas 20 permanecen en illamento domiciliario por precaución

O centro de saúde de Chantada informou a través dun comunicado de tres casos positivos de Covid-19 na súa área de influencia. Desde o ambulatorio engaden que as persoas afectadas están asintomáticas e illadas nos seus respectivos domicilios.

Chantada levaba aproximadamente un mes e medio sen casos de coronavirus. Os últimos que se rexistraran foron dados de alta a finais de xuño. O persoal do centro pide "tranquilidade e prudencia en tempos incertos" e chama a extremar "as precaucións".

En canto houbo constancia dos tres contaxios procedeuse a localizar os contactos directos dos pacientes. Segundo o centro de saúde de Chantada hai unhas 20 persoas en illamento domiciliario por precaución. Nos próximos días faránselles as pertinentes probas para determinar se son ou non positivas.

Os traballadores do ambulatorio piden, ademais, que non se lles dea "veracidade aos bulos nin aos rumores, pois o único que fan é contribuír a un alarmismo que non axuda na nosa loita contra o virus".

O centro de saúde confirma tres casos de Covid-19 en Chantada
comentarios