Cen efectivos participan en Taboada no simulacro de incendio con Nivel 2

Durante as manobras procedeuse ao desaloxo das casas e ao corte das estradas

A Xunta de Galicia realizou na mañá deste xoves un simulacro de incendio forestal que obrigou a activar o Nivel 2 de alerta pola proximidade das chamas a dous núcleos habitados, como unha proba para coordinar os medios das diferentes administracións implicadas na loita contra o lume por se houbese que dar resposta a unha situación real de urxencia deste tipo.

Ademais dos servizos de extinción da Xunta de Galicia, sumáronse ao simulacro membros da Garda Civil –do Seprona, de strong <>Seguridade Cidadá e de Tráfico–, así como membros de Protección Civil, en total un centenar de efectivos.

Para efectuar o simulacro, traballouse coa hipótese dun incendio forestal de Nivel 2 no que as chamas, orixinadas no lugar de Maxal, avanzan cara aos núcleos habitados de Bouzoa e Maxal, en Taboada, co que pon en perigo ás vivendas.

Ao dispositivo de loita contra o lume despregado pola Xunta de Galicia sumáronse efectivos que dependen doutras administracións, como axentes da Garda Civil, que se ocuparon do desaloxo e traslado da poboación, así como de realizar os correspondentes cortes de estradas e da investigación da posible orixe do lume.
Supervisaron a evolución do simulacro o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez.

O delegado da Xunta precisou que neste simulacro simulouse "un incendio de gran envergadura", que afecta non só a zonas de monte, senón tamén a vivendas "" e "infraestruturas", cun "resultado moi positivo".

No simulacro participaron unhas cen persoas, pero grazas aos "procedementos de traballo" establecidos, precisou Javier Arias, a coordinación entre os efectivos que dependen de distintas administracións está "garantida" en caso de urxencia.

"Colaboramos neste ensaio porque é moi importante estar coordinados e ter preparada a resposta dos medios por se se produce unha urxencia deste tipo, que oxalá non teña lugar", dixo Isabel Rodríguez. 

Comentarios