O CB Chantada incorpora o base Martín Rodríguez 

O CB Chantada anunciou este martes a fichaxe do base Martín Rodríguez Iglesias, que chega ao equipo lucense tras conseguir na pasada campaña o ascenso coa Fundación Lucentum Alacante a LEB Ouro.

O base, de 23 anos e 1,87 metros, tamén militou dúas tempadas en LEB Ouro co COB. 

Antes de anunciar esta fichaxe, o CB Chantada xa avanzara a renovación de máis de media ducia de xogadores da pasada tempada.

Comentarios