O consello regulador ha informado de que, despois do primeiro fin de semana oficial de vendima no territorio amparado pola denominación de orixe, as adegas da Ribeira Sacra recolleron 483.709 quilos de uva.
Aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de determinadas variedades de uva —como a godello— no último fin de semana de agosto, a data oficial fixada polo consello regulador para o inicio da vendima foi o 15 de setembro.
De momento, do total recollido polas 97 adegas que están a realizar a vendima baixo o control do consello regulador, practicamente a metade, 211.862 quilos, son da variedade godello. Tamén entraron nas adegas 179.965 quilos de mencía e 42.724 de albariño, entre outras variedades.
Neste momento, 39 adegas están aínda vendimiando, doce téñena paralizada e dúas xa finalizaron a recollida, mentres que outras 44 están aínda pendentes de iniciar os traballos.
A uva atópase, segundo o órgano reitor, nun estado "sanitario óptimo" e os traballos de vendima están a desenvolverse "con todas