martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

Casa Macán enfróntase a unha multa por non atender o seu gando

Factoría de Casa Macán, situada nos arredores da localidade de Taboada. EP
Factoría de Casa Macán, situada nos arredores da localidade de Taboada. EP
Medio Rural ten aberto un expediente sancionador en base á lei de benestar animal â??Sanidade revisou de novo a quesería e mantén o peche ao non emendarse os problemas

Chove sobre mollado para Eladio Rigueira, propietario da quesería Casa Macán de Taboada. Ao peche da súa factoría por nove incumprimentos das leis sanitarias que regulan o funcionamento das industrias alimentarias súmaselle agora un expediente sancionador que ten que ver co benestar animal, co coidado dunha granxa de vacún da súa propiedade.

A Consellería de Medio Rural confirmou na mañá do venres a este diario que está en marcha un proceso contra Rigueira ao detectarse unha situación non desexable nunha das súas explotacións que aparece tipificada nas leis reguladoras do coidado dos animais. A consellería negouse a dar detalles sobre as actuacións levadas a cabo, como tampouco quixo achegar datos sobre o estado das reses. Limitouse a dicir que hai un expediente incoado e que se deu parte ao procesado, quen pode presentar alegacións.

OS PASOS. Unha vez que se resolva o expediente sancionador, este poderá acordar, no caso de infraccións graves ou moi graves, o comiso definitivo dos animais. De ser así, a resolución deberá determinar o destino definitivo dos animais, que será preferentemente a súa venda por poxa pública ou a súa cesión gratuíta a entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades relacionadas co benestar e protección dos animais.

A inmensa maioría das explotacións galegas aproban en benestar animal, pois un 97,3% cumpren cos parámetros do sistema europeo Welfare Quality, segundo un estudo da Facultade de Veterinaria de Lugo. Entre as ganderías que suspenden, a maioría fano con incumprimentos leves.

Os problemas para Eladio Rigueira non quedan aquí. O venres, técnicos de Sanidade realizaron unha nova inspección ás quesería para saber se se podía levantar a alerta sanitaria. A visita corroborou a necesidade de que a industria siga sen actividade. Desde Sanidade indicaron que non se solucionaron todos os incumprimentos detectados, un total de nove.

Entre outros, detectouse que os locais destinados aos produtos alimenticios non estaban en bo estado de limpeza e mantemento e que as salas onde se preparan, tratan ou transforman, tampouco.

TRANQUILIDADE. O conselleiro de Medio Rural, José González, lanzou este venres unha mensaxe de tranquilidade e recalcou que o de Casa Macán é un caso puntual que para nada afecta ao "extraordinario sector queixeiro" que hai en Galicia.

Insistiu en que este sector fai os seus queixos a partir dun leite "extraordinario, como é a galega, cuns controis sanitarios ao nivel de calquera outra rexión europea ou incluso mellores".

Casa Macán enfróntase a unha multa por non atender o seu gando
Comentarios