Carmen Martínez, nova directora da residencia de maiores de Monforte

A profesional dá a substitución a Isaac López Somoza, que se xubilou

040620 Directora Residencia
photo_camera Carmen Martínez (esquerda) xunto ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e a xefa territorial de Política Social, Cristina Abades. EP

Carmen Martínez Brión é desde este xoves a directora da residencia de maiores de Monforte, un centro dependente da Consellería de Política Social da Xunta. Substitúe no cargo ao xubilado Isaac López Somoza.

A nova directora é licenciada en Dereito e funcionaria de carreira. Prestou servizos en distintas áreas da administración autonómica e conta con experiencia en postos de xestión vinculados á Consellería de Política Social.

Carmen Martínez desenvolverá as súas funcións nunha residencia situada no Paseo do Dique con praza para 42 usuarios. Nela traballan 25 persoas.

Comentarios