A ‘Caravana do caracol' xa viaxa de volta a Quiroga

Viaxan xunto a seis quirogueses nove ucraínos, dos cales tres son menores de idade
La expedición quiroguesa, en una estación de servicio. EP
photo_camera La expedición quiroguesa, en una estación de servicio. EP

Mayte Pérez, unha das integrantes da expedición de Quiroga que viaxou á fronteira de Polonia Ucraína para recoller a refuxiados, bautizou como Caravana do caracol ao grupo de tres vehículos, unha autocaravana e dúas furgonetas, que xa ha emprendido a viaxe de regreso.

O motivo deste sobrenome, como explica o seu marido, Miguel Garrido, é a lentitude á que se moven. "Aféctanos o peso que levamos, pero tamén as circunstancias", conta o home, que este martes conducía nunha fila de coches pola beiravía dunha estrada, deixando libre a zona central para que as urxencias chegasen a un accidente.

NIÑOS, TRADUTOR E CHACINA. Viaxan xunto a seis quirogueses nove ucraínos, dos cales tres son menores de idade. A comunicación é moi complicada, pois non falan castelán nin inglés. "Usamos os tradutores de internet no día a día, xa que case ninguén fala inglés", di Miguel Garrido.

As únicas conversacións fluídas foron con Iván, un cidadán ucraíno que era o seu contacto en Medyka (onde recolleron aos necesitados). Fala un perfecto castelán. "é un namorado de Galicia e da nosa comida. Regalámoslle chacina dunha carnicería de San Clodio", indicou Garrido.

Comentarios