A 'Caravana do Caracol' chega a Quiroga con sete refuxiados

Cinco deles quedarán a vivir na cidade e outros dous viaxarán a Ourense, onde teñen familiares que se farán cargo deles
Refugiados ucranianos llegan a Quiroga en la caravana del caracol.TWITTER (@Antena3Galicia)
photo_camera Refugiados ucranianos llegan a Quiroga en la 'Caravana del Caracol'.TWITTER (@Antena3Galicia)

Os seis quirogueses que acudiron á fronteira de Polonia con Ucraína paraa recoller refuxiados xa se atopan de volta en Quiroga, onde volveron con sete cidadáns do país invadido por Rusia.

A expedición foi bautizada no seu día como a Caravana do Caracol, en alusión ao grupo de tres vehículos que empregaron nela, unha autocaravana e dúas furgonetas, que se desprazaban a unha velocidade moderada debido ao seu peso.

CINCO SE QUEDARÁN EN QUIROGA. Aínda que a Quiroga chegaron sete refuxiados, a viaxe de volta emprendérona cun total de nove ucraínos, dos cales tres eran menores de idade.

En declaracións a Efe, Miguel Garrido confirmou que, deses sete refuxiados que chegaron á localidade, dous teñen previsto desprazarse ata a provincia de Ourense, onde teñen familiares ou amigos que lles darán acubillo, mentres que os outros cinco quedarán a vivir non se sabe "durante canto tempo", no municipio lucense.

Con eles fixo o camiño de regreso unha adolescente á que recolleron na cidade polaca de Medyka, na fronteira con Ucraína, a petición da súa tía, que vive en Quiroga, onde rexenta un restaurante. "A primeira parada, evidentemente, será na súa casa, para deixar a esta nena e cumprir a nosa promesa", dixo Miguel.

Un dos integrantes desta misión humanitaria, Miguel Garrido, comentaba que a comunicación é con estes refuxiados era moi complicada, pois non falan castelán nin inglés. "Usamos os tradutores de internet no día a día, xa que case ninguén fala inglés", comentaba.

Comentarios