Condenados o dono dun pub de Monforte e un camareiro por tráfico de drogas

Dous anos de cárcere para o propietario porque a droga estaban o seu local e ano e medio para o empregado por vendela: chegou a ofrecerlla aos gardas civís

Juzgados de Lugo. ARCHIVO
photo_camera Xulgados. ARQUIVO

Dous veciños de Monforte, o dono dun pub e un camareiro, aceptaron dous anos de prisión o primeiro, e un ano e medio o segundo, por tráfico de drogas, en concreto de cocaína, que chegaron, incluso, a ofrecerlla a axentes da Garda Civil. 

Os feitos xulgados remóntanse a marzo de 2018, cando foron detidos no pub. No local, foron localizados sobre oito gramos de cocaína, ademais dunha caixa rexistradora e dous billetes de dez euros. 

En principio a Fiscalía pedía para cada un dos procesados (J.D e J.R.L.P.) sete anos de prisión, pero tras o acordo de conformidade viuse reducida a petición a tres anos e medio entre os dous.

MULTA DE 2.000 EUROS. Así para o propietario requírense dous anos de cárcere, e para o camareiro un ano e medio. En ambos os casos a multa ascende a 2.000 euros cada un deles. En caso de falta de pagamento compensaríase con dez días de prisión. 

O avogado do propietario do pub, Ángel Velle, puntualizaba que a rebaixa da condena está relacionada "coa escasa entidade dos feitos, e unha atenuante de dilacións indebidas". Tamén constatou que non se lles impuxo "indemnizacións" e explicou que non cre que en principio "vaia haber ningún tipo de problema" e, polo tanto, non teñan que chegar a cumprir prisión. 

"O meu representado non ten antecedentes penais, é unha pena de dous anos e entón cumpre os requisitos para o beneficio da suspensión (de entrada en prisión). Entendo que non ten que haber inconveniente, pero iso tense que decidir na execución da sentenza", aclarou.