sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

O calzado monfortino xa camiña polas antípodas

Uns empresarios suecos, na factoría de Calzados Losal xunto aos seus responsables. EP
Uns empresarios suecos, na factoría de Calzados Losal xunto aos seus responsables. EP
A firma Losal introdúcese no mercado australiano e está presente noutros sete países, entre eles, Estados Unidos, Inglaterra ou China

Unha parte de Monforte, en forma de produto manufacturado, chegou ás antípodas, en concreto a Australia, grazas a unha fábrica de calzado que este ano cumpriu 120 anos de existencia. é a firma Losal, que non para de crecer grazas aos seus deseños para señora e cabaleiro que son confeccionados a man seguindo unha tradición centenaria á que se lle suma o uso de produtos de primeira calidade.

O xerente da empresa, Gonzalo López Otero, explicou que para chegar tan lonxe tivo moito que ver acudir á máis prestixiosa feira internacional do calzado, a que se celebra anualmente na cidade italiana de Milán.

Foron tres anos consecutivos presentes no certame, algo que lle serviu a Calzados Losal para abrir mercados en Estados Unidos, Inglaterra, Suecia, Holanda, China e incluso a República Dominicana. O último destino ao que chegou a factoría monfortina está alén do mundo, en Australia, cun envío de zapatos que Gonzalo López cualificou de 'top', grazas ao uso dun material de altísima calidade e polo feito de traballar co cosido "good-year". Súmaa de todo serve para competir cos grandes fabricantes italianos e ingleses.

O responsable de Losal ten claro que ese é o seu mercado, o dos zapatos exclusivos en canto a deseño e calidade, que en territorio nacional véndense ao público a 250 euros o par e que no estranxeiro, como mínimo, alcanzan os 500.

Este ano foron seleccionadas un total de 20, das que dúas son de Monforte, Losal e outra factoría de calzado de Monforte, Curtidos Galaicos

Son sete os países nos que xa ten presenza, pero en Losal esperan abrir mercado e chegar a Hong Kong e a Corea do Sur, onde recentemente enviaron unhas mostras para ser avaliadas por un grupo distribuidor. O fin é abrir mercado, algo que Gonzalo López ve factible.

Sexa como fose, a factoría monfortina ten unha nova oportunidade a mediados do mes de febreiro do ano que pronto comezará para ampliar a súa carteira de clientes no estranxeiro. Será a través dunha nova edición da feira internacional do calzado de Milán, na que volverá estar presente cunha caseta expositora propia.

A maiores, Losal participa no programa ViaExterior, promovido pola Zona Franca de Vigo, que ten como fin promover a internacionalización das pequenas e medianas empresas galegas.

Este ano foron seleccionadas un total de 20, das que dúas son de Monforte, Losal e outra factoría de calzado de Monforte, Curtidos Galaicos, cunha traxectoria que arrincou en 1951.

O calzado monfortino xa camiña polas antípodas
comentarios