Calcinado un alpendre con cociña nunha casa situada en Bóveda

undefined
photo_camera Estado no que quedou o alpendre. EP

Un alpendre con cociña situado nunha casa da localidade de Ver, na entrada á vila de Bóveda, resultou a primeira hora da tarde do domingo totalmente calcinado.

No servizo de urxencias 112 recibiuse unha chamada de auxilio pouco antes das 14.30 horas. Os primeiros en chegar ao lugar foron dous gardas civís que, segundo sinalou o alcalde, José Manuel Arias, intentaron controlar as chamas cunhas mangueiras mentres ían de camiño os bombeiros do corpo comarcal de Monforte.

Estes foron os que sufocaron o incendio, que reduciu a cinzas o alpendre desta casa na que reside un matrimonio septuaxenario.

Unicamente houbo que lamentar danos materiais no lugar no que se orixinou o lume, xa que o alpendre está afastado da casa familiar, unha construción tipo chalé.

O alcalde, que estivo en todo momento informado dos sucedido, mostrou a súa consternación polos feitos ocorridos.